CRTVG

Buscar

Portugal permite as manifestacións polo 1 de Maio

Publicado o 01/05/2020 20:29

Dende Portugal chégannos unhas imaxes para o recordo neste primeiro de maio. No país veciño o Goberno permitiu excepcionalmente que se convocaran as manifestacións para reivindicar os dereitos dos traballadores. Permitírono cunha condición, que se gardara a distancia social e todos os asistentes levaran máscaras. E así foi. No caso do Porto na Avenida dos Aliados os participantes colocáronse en fila para atender á lectura do manifesto e descenderon a rúa mantendo as distancias. Unha imaxe inusual que xa é historia dos nosos días.
 

Noticias web

01/05/2020

Máis sobre actualidade