CRTVG

Buscar

Portugal, cos hospitais colapsados, estuda o peche das fronteiras

Publicado o 27/01/2021 22:48

Portugal vota nas próximas horas o peche de toda a fronteira. A situación é de caos, o principal problema agora e a presión hospitalaria, que xa chegou ao colapso, con pacientes agardando nas ambulancia. 

Colapso nos hospitais portugueses, sobre todo na zona de Lisboa e na zona norte do país. En hospitais coma o de Viana do Catelo, en caso de producirse o traslado de enfermos a outros países, estes serían trasladados á área sanitaria viguesa pola súa proximidade xeográfica.

A teceira vaga é devastadora no país, que supera os 6.600 ingresos e se achega aos 800 pacientes nas unidades de coidados intensivos.

Un grupo do exército alemán desprázase ao país luso para axudar a frear a pandemia descontrolada nos últimos días. Unha gran parte dos hospìtais portugueses xa chegaron ao colapso. 

As ambulancias agardan ás portas dos hospitais cos enfermos. Non hai espazo para atender os doentes e os sanitarios asístenos nas ambulancias. Nas últimas horas medio cento de pacientes dun hospital da capital tiveron que ser trasladados a outros centros por unha sobrecarga na rede de oxíseno.

O país vive confinado desde o pasado 15 de xaneiro. 

 

 

 

 

 

Noticias web

27/01/2021