CRTVG

Buscar

Portugal, entre os países con alta incidencia de Covid-19

Publicado o 28/07/2020 14:45

Entre os 137 países con alta incidencia de Covid-19 que deberán comunicar os seus datos ao Sergas ao chegar a Galicia están A Arxentina e O Brasil, con moitos emigrantes que queren volver a Galicia en vacacións de verán. Pero tamén está Portugal, co que temos relación continua.

Esta medida obrigatoria cobra especial importancia nos pasos fronteirizos que unen Galicia con Portugal. De feito, este de Tui con Valença é un dos máis transitados de toda España.

Pasos fronteirizos que son porta de entrada de moitos viaxeiros que veñen a Galicia en coche ou a pé. Porque este de Tui forma parte ademais do Camiño Portugués.

Viaxeiros e peregrinos deberán cubrir esta declaración con seus datos e cos días que pasarán en Galicia. Os traballadores transfronteirizos, pola súa banda, tanto galegos coma lusos, farano unha soa vez e sen data de volta.

Portugal sumou onte un total de 135 novos positivos. A maior parte concéntranse na zona de Lisboa e na do Texo.

Noticias web

28/07/2020