CRTVG

Buscar

O avance da cepa británica preocupa en Portugal, que pecha os centros educativos

Publicado o 21/01/2021 09:01

A variante británica do coronavirus preocupa en Portugal. O Goberno xa tomou medidas especiais para atallar a súa transmisión e por iso tamén é importante reducir ao máximo os cruzamentos de fronteira innecesarios.

Máis que nunca hai que reducir a mobilidade, é o que piden dende o executivo luso para conter o avance da cepa británica, que segundo o Instituto Nacional de Saúde cada día se fai máis forte. É máis transmisible e contaxia de xeito máis eficaz. Isto foi o que convenceu de vez ao primeiro ministro para ceder ás presións que lle viñan de múltiples sectores para que decidira pechar as escolas e universidades e será dende mañá mesmo.

Costa dixo que as últimas cifras son particularmente dramáticas, con 15.000 contaxiados cada día. Os hospitais máis grandes están xa sen camas libres e derivan os doentes a centros máis pequenos. No de Aveiro, a situación é límite, acaban de pedir axuda urxente porque non teñen onde almacenar os cadáveres.

 

Noticias web

21/01/2021