CRTVG

Buscar

Portugal, en alerta polo elevado risco de incendios

Publicado o 27/03/2019 20:29

Varios centos de bombeiros, helicópteros e hidroavións loitan contra o lume en Portugal. A situación dos incendios máis graves mellorou nas últimas horas, pero declaráronse outros novos. O máis preocupante comezou a mediodía na serra de Bragança e obrigou a cortar unha estrada nacional.

As altas temperaturas coas que entrou a primavera no país veciño fixo que o Goberno luso decretase a alerta por elevado risco de incendios en todos os distritos continentais. Está prohibido facer queimas e reforzáronse as tarefas de limpeza e vixilancia dos montes. Os traballadores tanto do sector público como do privado que sexan bombeiros voluntarios quedan dispensados de acudir aos seus postos por se fose necesario mobilizalos para apagar incendios.

A previsión de tempo seco con altas temperaturas e vento forte vai manter a alerta en Portugal, polo menos ata o domingo. No que vai de ano a Garda Nacional Republicana contabilizou un milleiro de incendios orixinados por queimas no rural portugués, tres deles con vítimas mortais.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

27/03/2019