CRTVG

Buscar

Portugal e España reabren as súas fronteiras o 1 de xullo cun acto solemne na de Badaxoz

Publicado o 14/06/2020 07:59
Portugal e España reabren as súas fronteiras o 1 de xullo cun acto solemne na de Badaxoz

Este luns vanse reabrir tres novos pasos fronteirizos en Galicia, que permitan o tráfico entre as dúas beiras do Miño na provincia de Pontevedra, que permitirán aliviar o exceso de circulación que sufren as pontes internacionais entre Tui e Valença.

Logo de varias semanas solicitando esa apertura, así como a de Ponte Barxas, o día 15 vaise poder cruzar entre os concellos de Tomiño e Vilanova de Cerveira, así como entre Salvaterra de Miño e Monçao e Arbo-Melgaço.

Os gobernos de España e de Portugal reabren as súas fronteiras o un de xullo, e farano cun acto solemne na fronteira entre Caia e Badaxoz, nos que participaran por parte portuguesa o presidente Marcelo Rebelo de Sousa e o primeiro ministro António Costa, mentres que por España acudirán o xefe do Estado, o rei Filipe VI e o presidente do Goberno, Pedro Sánchez Pérez-Castejón.