CRTVG

Buscar

Portugal defende España e cualifica como "repugnante" a posición dos Países Baixos na crise do coronavirus

Publicado o 27/03/2020 20:23

"A Unión Europea ou fai o que ten que facer ou acabará", afirmou hoxe o primeiro ministro portugués, o socialista António Costa, en alusión ás graves diferenzas entre norte e sur que levaron ao fracaso do Consello Europeo extraordinario do xoves. "Non hai ningún país da UE que estea preparado para enfrontar situacións desta dimensión", dixo Costa en declaracións á prensa. Por iso, insistiu, son "repugnantes" formulacións como o exposto polo ministro holandés, Wopke Hoekstra, que propuxo na reunión do consello do xoves investigar países como España por non ter marxe orzamentaria para loitar contra o coronavirus, a pesar de que a zona euro creceu no últimos sete anos.

Noticias web

27/03/2020