CRTVG

Buscar

Portugal amplía os seus hospitais con máis camas

Publicado o 27/03/2020 16:31

Dende mañá mesmo comezan a funcionar os hospitais de campaña. Todo Portugal estase a encher de mensaxes coma esta, de empresas privadas que apelan ao sentimento de comunidade para dar alento e que todo vai pasar. Pero, claro, antes diso chegarán momentos difíciles e Portugal pon todos os seus recursos para a chegada do pico de doentes de COVID-19.

Os hospitais de Lisboa e do Porto construíron coa axuda da Cruz Vermella hospitais de campaña para dobrar a capacidade dos centros sanitarios. Mañá sábado comezarán a recibir os primeiros afectados e así soportar a presión da chegada do pico esperada para o 14 de abril.

O presidente da República, Marcelo Rebelo de Sousa, anunciou hoxe que ampliará o estado de emerxencia ata despois desa data, e nas últimas horas comunicou tamén, con pesar dixo, que as manifestacións do 25 de abril quedaban canceladas. 

 

Noticias web

27/03/2020