CRTVG

Buscar

Portugal activa dobre alerta polo temporal

Publicado o 02/10/2020 21:56

O temporal tamén se está deixando notar con forza en Portugal, sobre todo no norte. Hai dúas alertas activadas para hoxe e para mañá por chuvia e mar de fondo. As autoridades prohiben desde esta mañá achegarse a rompentes e mesmo ás praias. 

Cunha alerta por axitación marítima activada ata o domingo revisar as embarcacións e facer traballos en terra é o que lle toca a frota de baixura do norte de Portugal. E con sorte porque na Afurada preto do Porto esta tarde o tempo non era tan malo a pesar da alerta por chuvia activa.

A só uns quilómetros, en Foz de Douro o ceo xa era diferente. Desde a fronteira galega ata Lisboa agárdanse ondas de ata 6 metros.

A frota de baixura está amarrada a porto do norte e os protocolos habituais de Protección Civil activáronse para disuadir á poboación de achegárense a saÍntes e rompentes.

A Autoridade Marítima vai máis alá e tamén lles pediu aos portugueses que eviten ir ás praias e non realicen pesca deportiva. Mañá continuará a alerta amarela por mar de fondo.

Noticias web

02/10/2020