CRTVG

Buscar

Porriño cae diante da eficacia goleadora de Ceci Cacheda (23-30)

Publicado o 08/02/2020 09:45

O Conservas Orbe Porriño perdeu diante de Liberbak Xixón (23-30) no que destacou a ex xogadora porriñesa Ceci Cacheda, letal en ataque con dez goles. Cacheda deu un aviso das súas intencións anotando os dous primeiros goles do conxunto asturiano. O partido comezou moi igualado e con alternativas, co equipo local colleitando unha vantaxe de dous goles (6-4). Co paso dos minutos Xixón foi collendo o mando do partido e contra o final do primeiro tempo chegou a irse cunha renta de 4 goles (11-15). A dinámica mantívose no inicio do segundo tempo, co Conservas Orbe tentando recurtar distancias pero coas visitantes mantendo sempre os catro goles de vantaxe. Mediado o segundo tempo Liberbak deu outro arreón para irse por oito goles (18-26) e deixar o partido visto para sentenza.

PORRIÑO 23: Fátima Ayelen, Ana Cerqueira 3, Ana Alonso 1, Alicia Campo 1, Inés Hernández 3, Soraia Lopes 3, Aitana Santomé 1, Andrea Dapena 2, Alba Dapena, Anthía Espiñeira 3, Iasmin dos Santos, Nagore Saenz 3, Fátima Sisse 3.

XIXÓN 30: Raquel Alvarez, Marta Méndez 2, Laura Rivas 4, Ceci Cacheda 10, Leticia Cobo, Débora Torreira, Estefanía Ruiz, Natalia Montilla 1, Lorena Téllez 4, Aida Palicio 3, Giuliana Gavilán 6. 

Noticias web

08/02/2020