CRTVG

Buscar

Por que algúns medicamentos para doenzas leves e comúns poden ser ineficaces?

Publicado o 07/11/2019 14:53

A asociación Farmaciencia analizou a evidencia científica dos tratamentos máis populares para 19 doenzas leves e comúns. Os farmacéuticos din que os medicamentos chegan á farmacia tras superar controis que garanten a súa eficacia, pero mal utilizados poden non servir de nada ou, o que é peor, mesmo ser prexudiciais.

Abel Eiras, farmacéutico e membro de Farmaciencia: "Acertar co tratamento é moi importante para atallar o problema de saúde do paciente e tamén para non atrasar a curación e evitar efectos adversos dunha toma continuada dun medicamento que ten risco".

Por iso, lembran os farmacéuticos, o mellor é individualizar o tratamento.

Santiago Leyes, presidente do Colexio de Farmacéuticos de Ourense: "Esa é a liña: pensar en tratamentos individualizados, máis que en ideas xerais. Aí é cando caemos na tentación de falar de tratamentos milagre ou dese tipo de ideas".

Porque, advirten, non todo serve para todos nin para todas as circunstancias.

Noticias web

07/11/2019