CRTVG

Buscar

Pontón erixe o BNG como o único partido con "mans libres" para gobernar e insta "un cambio en feminino"

Publicado o 09/03/2020 15:44

O BNG presentou a súa lista electoral pola Coruña, coa vista posta no 5 de abril. A cabeza de lista por esa provincia é Ana Pontón. A candidata nacionalista á presidencia da Xunta estará acompañada nesa candidatura por persoas como Xosé Luís Rivas, que xa foi deputado na pasada lexislatura. Pontón cre que as próximas eleccións son o momento do nacionalismo e de que no Parlamento galego non existan maiorías.

A candidata do BNG á Presidencia da Xunta reivindicou a esta formación como o partido que pode dar aos galegos nestas eleccións autonómicas un goberno "coas mans libres e cun proxecto que ofrecer".  Na súa intervención, Ana Pontón instou a apostar por un partido "cunha alternativa". "Que non teña que pedir permiso nin a Xénova nin a Ferraz", dixo en referencia a populares e socialistas e apelando a facer "historia" coa elección dunha "muller" como presidenta da Xunta, sinalou sobre a súa candidatura.

"O nacionalismo é a mellor garantía de que as cousas se poden mellorar", afirmou tamén apelando, en concreto, ás mulleres que acudiron ás mobilizacións do 8 de marzo a trasladar esa loita ás urnas para facer posible "un cambio en feminino".

Noticias web

09/03/2020