CRTVG

Buscar

Pontón di que a única solución para Alcoa é a súa nacionalización

Publicado o 04/07/2020 15:30


A caravana electoral do BNG estivo esta mañá en Lugo. Ana Pontón falou da importancia destas eleccións e pediu que ninguén quede na casa. A líder nacionalista dixo que a única solución posible para Alcoa era a súa nacionalización. Pontón criticou a xestión que se fixo dende Galicia da crise de coronavirus. Acusou a Núñez Feijóo de esconderse e non dar a cara durante a pandemia.

 

Noticias web

04/07/2020