CRTVG

Buscar

Pontón, candidata nas primarias do BNG de cara ás autonómicas de 2020

Publicado o 20/11/2019 14:41

A voceira nacional do BNG, Ana Pontón, presentaba este mediodía a súa candidatura nas primarias para as eleccións autonómicas que se celebrarán o próximo ano.

Todo apunta a que a de Pontón será a única candidatura que se presente e, xa que logo, a escollida para encabezar a lista do Bloque a eses comicios. Pontón compareceu en Santiago cos integrantes da súa lista, cuxo lema será "Gañar unha nova Galicia".

 

Noticias web

20/11/2019