CRTVG

Buscar

Pontevedra-Racing de Ferrol, duelo de candidatos ao ascenso (domingo na TVG2)

Publicado o 15/01/2021 21:25

Apenas hai tres meses que o Pontevedra e o Rácing asinaron un partidazo na Malata. Impuxéronse os granates, 2-3. Ben é certo que auga pasada non move muíño.

O Rácing chega ao derbi con máis urxencias. A última derrota na casa fixo dano. Así e todo, Rivada, que se criou en Pasarón, advirte...

O Pontevedra, cun punto máis e un partido menos, ve a posibilidade de deixar un rival directo moi tocado.

Derbi de históricos. Todos os ollos postos en Pasarón e na segunda canle da Televisión de Galicia.

Noticias web

15/01/2021

Máis sobre actualidade