CRTVG

Buscar

Pontevedra, A Coruña e Santiago de Compostela xa son "Ciudades en 48 horas" de Repsol e Audible

Publicado o 31/10/2020 21:18

Pontevedra, A Coruña e Santiago de Compostela forman parte do novo contido de "Ciudades en 48 horas", a unión da Guía Repsol e Audible. As gravacións sobre as cidades usan os seus sons e unha locución que en menos de 20 minutos resume que ver, que oír ou que comer nun destino turístico.

Estes podcast basean as súas recomendacións na rede clásica de colaboradores de Repsol por toda a xeografía española.

"Ciudades en 48 horas" ou como chegar aos lugares excelentes e auténticos a través dos sons.

Noticias web

31/10/2020