CRTVG

Buscar

Ponte en Santiago: un pequeno respiro para uns hostaleiros nunha situación desesperada

Publicado o 12/10/2020 15:24

Co mal tempo, o habitual sería que Santiago fora o obxectivo preferido de moitos vistantes. Pero a realidade é ben distinta. Na cidade nótase un baixón forte do turismo internacional e do que vén de puntos con restricións, coma Madrid. 

Igual que acontece no resto de Galicia, a maioría da xente que vimos hoxe polas rúas compostelás son turistas de proximidade.

Nin colas, nin estranxeiros nin grandes grupos de peregrinos. Hai turistas na zona vella compostelá, pero nada que ver coa imaxe doutros anos.

A pandemia fixo que sexan menos e veñan de comunidades próximas. O que non cambia é o seu nivel de satisfacción.

Os visitantes que chegan dilúense entra a ampla oferta de tenda, bares e hoteis da zona histórica. Os hostaleiros falan da ponte como un pequeno respiro no medio dunha situación desesperada.

O 30% dos hoteis de Santiago están pechados e os que aguantan temen que a chegada da tempada baixa acabe por baleirar as rúas da zona vella compostelá.

Noticias web

12/10/2020