CRTVG

Buscar

Polo menos 40 mortos nun bombardeo contra un centro de migrantes en Trípoli

Publicado o 03/07/2019 08:33

Polo menos 40 persoas morreron nun bombardeo contra un centro de detención situado ao sur de Trípoli, a capital de Libia.

As vítimas son migrantes que foron recluídos no centro despois de fracasar no seu intento de entrar irregularmente en Europa.

Máis de 80 persoas quedaron feridas no ataque que, segundo o Goberno recoñecido pola ONU, foi perpetrado por cazabombardeiros F-16 baixo mando do xeneral Hafter, que controla a outra metade do país norteafricano.


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

03/07/2019