CRTVG

Buscar

Policías Nacionais e Gardas Civís maniféstanse en Madrid pola equiparación salarial

Publicado o 06/04/2019 21:32

Milleiros de policías nacionais e gardas civis manifestáronse na Porta do Sol en Madrid para cobrar o mesmo que outros corpos de seguridade autonómicos. A convocatoria correu a cargo da plataforma Jusapol (Xustiza Salarial Policial). 
Cren insuficiente o acordo entre representantes dos axentes e Ministerio do Interior logrado o ano pasado. Queren que ese acordo se incremente en 700 millóns de euros máis. 

 

Policías nacionais e gardas civís manifestáronse este sábado en Madrid convocados pola plataforma Jusapol. Reivindican unha equiparación real dos seus salarios respecto aos que reciben os corpos policiais autonómicos.

Denuncian que o acordo alcanzado con Interior en marzo do ano pasado deixa fóra máis de 13.000 compañeiros.

"Queremos dicirlle ao Ministerio do Interior que hai case un ano xa saímos á rúa ao acordo que asinaron o 12 de marzo de 2018 porque deixan máis de 13.000 compañeiros de segunda actividade e reserva fóra do acordo. Deixan as nosa cinco brechas salariais como son as xubilacións, as pagas extra, a asistencia a xuízo e o servizo extraordinario fóa do acordo e un ano despois o tempo dános a razón" Natan Espinosa, Presidente de Jusapol.

Uns cincocentos participantes na marcha saíron a primeira hora desta mañá desde Galicia.

Consideran insuficiente o acordo de hai un ano que supón un pagamento de 807 millóns de euros aos corpos da Policía Nacional e Garda Civil nun período de tres anos. Piden elevalo en 700 millóns de euros máis.

 "Todos os gobernos deste país nunca se cuestionaron de forma seria unha equiparación salarial, a estas alturas seguimos perdendo un montón de cartos con respecto a Mossos d'Esquadra e Ertzaina por exemplo" dixo Rodrigo Hervilla, Voceiro de Jucil

"Pedimos que sexa unha equiparación real e total cos Mossos, coa suba salarial do Goberno segue a haber unha diferenza de 7.000 euros", Manuel Fernández, Secretario Provincial de Jupol

Na marcha tamén participaron representantes políticos do Partido Popular, de Ciudadanos e de Vox.
 

Noticias web

06/04/2019