CRTVG

Buscar

Polémica pola participación do fiscal de Medio Ambiente nun acto dos socialistas galegos

Publicado o 16/12/2019 15:39

Falamos de Álvaro García Ortiz, fiscal delegado de Medio Ambiente en Galicia. Participou nun acto político, a posta de longo do laboratorio de ideas do PSdeG. O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, pon en dúbida a neutralidade de García Ortiz e a independencia do Poder Xudicial fronte ao poder político.

"Supoño que alguén tería que dar algunha explicación porque, á vista do que di o estatuto do ministerio fiscal, non parece que esa presenza poida ser moi compatible co estatuto. Así o manifestamos e estamos seguros que se esto se producira nun acto do Partido Popular, o Partido Socialista estaría denunciando. Non me cabe ningunha dúbida", asegurou Rueda.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

16/12/2019