CRTVG

Buscar

Polémica en Portugal polo número de persoas que poden estar no santuario de Fátima

Publicado o 01/10/2020 15:16

Namentres en España vemos medrar todo tipo de limitacións, en Portugal hai certa polémica á conta dunha concreta: a do número de persoas que poden estar no santuario de Fátima. O día 13 hai peregrinación e xa anuncian que só poderán entrar 6.000 fieis no recinto.

O pasado 13 de setembro celebrouse a quinta peregrinación e, a pesar de que Sanidade só permitía un terzo de ocupación, as imaxes que se viron en televisión por todo o país ergueron fortes críticas porque non se gardaba a distancia de seguridade. O 13 de outubro celebrarase a última das aparicións e a Dirección Xeral da Saúde acaba de informar que só poderán estar neste recinto 6.000 persoas, con asentos asignados e con máscara ao aire libre, a pesar de que en Portugal nestes casos non é obrigatoria. Neste país, onde a Virxe de Fátima é máis que relixión, o feito de que só 6.000 persoas poidan acudir xa xerou descontento, aínda que tamén é certo que, como veñen demostrando en toda a pandemia, os portugueses polo xeral aceptan as normas anticovid con convencemento. 

 

Noticias web

01/10/2020