CRTVG

Buscar

Podemos inflou ata un 315% a factura da reforma da súa sede, informa 'El Confidencial'

Publicado o 17/08/2020 08:50

Segundo El Confidencial, Podemos inflou a factura da reforma da súa sede e simulou a licitación das obras.

A publicación asegura que o importe da licitación se incrementou ata un 315% en só 10 días e en pleno proceso de selección de candidatos. Ademais, as dúas empresas máis beneficiadas no concurso comezaron os traballos nas instalacións antes de que rematase a avaliación de ofertas.

Segundo o xornal, isto consta nun arquivo de Excel e noutros documentos internos incorporados á causa que investiga a Podemos por un delito de malversación de cartos públicos.

Noticias web

17/08/2020