CRTVG

Buscar

Podemos desafía o PSOE cunha emenda antidesafiuzamentos

Publicado o 18/11/2020 08:47

Unidas Podemos intenta deste xeito coar a través de enmendas parciais aos presupostos os puntos que non puido meter no acordo co PSOE cando o Consello de Ministros aprobou as contas públicas.

Pablo Iglesias presentou unha nova alianza con ERC e Bildu para apertar o PSOE e conseguir aprobar unha emenda que suporía, en definitiva, a prohibición dos desafiuzamentos a familias vulnerables ata o ano 2023, independentemente de que a súa situación se deba á pandemia do coronavirus.

Esquerra Republicana de Cataluña recoñeceu que esta iniciativa busca “dobregar e torcerlle a man” ao PSOE, que xa dixo que estaba disposto a escoitar e negociar esa proposta, ainda que inicialmente non estaba prevista no proxecto de lei enviado polo executivo ao Congreso dos Deputados. A vicepresidenta económica, Nadia Calviño, dixo, en cambio, que non deberían mesturarse os presupostos do Estado e os desafiuzamentos.

Noticias web

18/11/2020