CRTVG

Buscar

Podemos cobrará cotas para distinguir militantes de inscritos

Publicado o 03/03/2020 08:46

Pablo Iglesias presentou o documento organizativo para a asemblea cidadá de Vistalegre III, que se xuntará o vindeiro 21 de marzo. Entre as súas novidades, estará a creación de novas estruturas provinciais e municipais, coas que Iglesias pretende reforzar a organización territorial do partido. Ademais, instaurarase unha cota para distinguir os inscritos dos militantes que participan activamente na organización. Esa militancia terá que estar vinculada a un círculo municipal, e o pagamento da cota será o que estableza quen ten pleno dereito, con voz e voto, para definir as políticas locais. Os secretarios xerais das comunidades pasarán a denominarse "coordinadores autonómicos".

Noticias web

03/03/2020