CRTVG

Buscar

PNV e ERC critican as formas do Goberno

Publicado o 31/03/2020 15:07

Os grupos que normalmente apoian o Goberno no Congreso critican o último decreto que paraliza toda a actividade non esencial. Esquerra fala de "chapuza xurídica". Acusa o Goberno de actuar tarde e improvisar.

Marta Vilalta, voceira de ERC: "É unha chapuza xurídica. Non deixa tempo ás empresas para poderse organizar e ademais vai sen medidas de acompañamento, tanto para as empresas como para os traballadores, para poder aguantar esta situación".

O PNV lamenta que o Goberno non tivera en conta os rasgos propios do tecido industrial vasco. E están negociando co Ministerio de Industria como manter operativa parte da actividade. Os nacionalistas vascos din que se senten ignorados e avanzan que non votarán a favor do decreto. Apuntan a unha abstención por responsabilidade.

 

Noticias web

31/03/2020