CRTVG

Buscar

A plataforma de vítimas do Alvia pídelle á presidenta de Adif que se retomen as pescudas

Publicado o 07/06/2019 09:03

Unha delegación da plataforma de vítimas do Alvia reuníronse onte coa presidenta de Adif.  Pediron o cesamento de Andrés Cortabitarte, que foi director de Seguridade na Circulación durante a posta en marcha da liña de alta velocidade Santiago-Ourense, e reclamáronlle á presidenta do organismo que pida publicamente que se retomen as pescudas.

Isabel Pardo de Vera mostroulles o seu apoio a unha nova investigación e pediulles perdón polos fallos que houbo.

O ministro de Fomento dixo que a única investigación que importa é a xudicial. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

07/06/2019