CRTVG

Buscar

Plasman en murais os portos desde os que chegaban os peregrinos do Camiño inglés

Publicado o 06/12/2019 20:50

Cinco pinturas murais que ofrecen cinco versións artísticas sobre os portos desde os que chegaban a Ferrol os peregrinos

A Deputación da Coruña e o concello de Ferrol colaboran nesta iniciativa do colectivo Meninas de Canido para poñer en valor a primeira milla do Camiño Inglés que nace no porto ferrolán, en Ferrol Vello.

A intervención artística continúa este sábado. Quince artistas plasmarán a súa obra sobre lapis de madeira de dous metros e medio. Pezas que logo se instalarán en establecementos de hostalería da zona vella da cidade.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

06/12/2019