CRTVG

Buscar

Plácido Domingo cancela a representación de 'Macbeth' que ía empezar hoxe na Metropolitan Opera de Nova York

Publicado o 25/09/2019 12:44
Plácido Domingo cancela a representación de 'Macbeth' que ía empezar hoxe na Metropolitan Opera de Nova York

Plácido Domingo retírase da representación de Macbeth que ía empezar hoxe na Metropolitan Opera de Nova York.

A institución estadounidense confirmou que o tenor español non volverá actuar no Met. Isto é consecuencia das queixas de empregados da ópera neoiorquina pola presenza do cantante, acusado de acoso sexual por vinte mulleres.

A través dun comunicado, Plácido Domingo afirma que, aínda que rexeita firmemente esas acusacións, cre que a súa aparición no Met lle quitaría atención ao duro traballo dos seus colegas nesta produción de Macbeth.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

25/09/2019