CRTVG

Buscar

Pione Sisto volve adestrarse co Celta

Publicado o 01/09/2020 14:59

• Regresou tras paralizarse a súa fichaxe polo Copenhage

Pione Sisto volveu este martes aos adestramentos do Celta despois de paralizar o seu traspaso ao Copenhague, co que a entidade galega xa alcanzara un acordo. O futbolista viaxou a semana pasada a Dinamarca para pechar a operación pero finalmente non chegou a un acordo económico para xogar no conxunto dirixido polo noruegués Staale Solbakken.

Pione Sisto continuou uns días máis no seu país e chegou a un principio de acordo co seu anterior club, o Midtjylland, pero o Celta non aceptou a oferta económica do campión danés, inferior á do Copenhague. Por iso, onte mesmo o xogador regresou a Vigo e esta mañá incorporouse aos adestramentos do Celta

 

Noticias web

01/09/2020