CRTVG

Buscar

Piñera, tras as protestas que deixan once mortos en Chile: "Estamos en guerra"

Publicado o 21/10/2019 16:50

Grupos violentos radicalizaron unha protesta social que tivo a alza do prezo do metro de Santiago como detonante e que derivou en violentas manifestacións que acabaron xa, polo menos, cunha decena de vidas e que sementaron de terror as rúas de cada vez máis lugares do país, con barricadas, incendios e saqueos.

O presidente de Chile, Sebastián Piñera, dixo que o país está a librar "unha guerra" contra os violentos, e mantén en estado de emerxencia, totalmente ou nalgunhas das súas comunas, 10 das 16 rexións de Chile: a Rexión Metropolitana (en que se sitúa Santiago), Antofagasta, Coquimbo, Valparaíso, Maule, Concepción, Bío Bío, 0'Higgings, Magallanes e Os Ríos.

En virtude desta medida, despregáronse miles de militares para tratar de recompoñer a orde pública.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

21/10/2019