CRTVG

Buscar

O presidente de Chile pide perdón e anuncia a suba do salario mínimo

Publicado o 23/10/2019 16:58

• Elévase a 18 o número de mortos nas protestas

O presidente de Chile, Sebastián Piñera, anunciou este martes a creación dunha "axenda social" que inclúe, entre outras medidas, a subida do salario mínimo, tras as recentes protestas que comezaron a semana pasada pola subida do prezo do billete de metro e que deixan xa 18 mortos e preto de 2.000 detidos.

Nunha conferencia de prensa, o mandatario chileno anunciou a creación dun ingreso mínimo garantido, concretamente de 350.000 pesos (433 euros), así como maiores impostos a sectores de maiores ingresos e a creación dun mecanismo de estabilización que anula o aumento dun 9,2 por cento nas tarifas eléctricas.

Así mesmo, Piñera pediu perdón aos chilenos por non ser capaz de "recoñecer a situación de inequidade e abuso".

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

23/10/2019