CRTVG

Buscar

Piñera cambia oito ministros para facerlle fronte ás protestas en Chile

Publicado o 28/10/2019 19:38

En Chile, o presidente Sebastián Piñera substitúe cinco dos seus ministros e cambia as carteiras doutros 3 para facer fronte á crise social que atravesa o país. Entre os que saen do executivo está o seu curmán e Ministro de Interior, Andrés Chadwick, cuestionado pola resposta policial e militar ás protestas dos últimos días. Tamén deixa o goberno o titular de Economía, que lles suxeriu aos chilenos madrugar máis para afrontar a suba do prezo do metro, detonante dos disturbios.

Noticias web

28/10/2019