CRTVG

Buscar

Piden para el 22 anos de cárcere por abuso sexual ás súas sobriñas

Publicado o 25/09/2020 13:26

Na sede en Santiago da Audiencia Provincial xúlgase un home por abuso sexual continuado durante dous anos ás súas sobriñas, daquela menores de idade. Os feitos remóntase ao ano 2014, cando, segundo o fiscal, o acusado realizou abusos sexuais, incluíndo penetración, a unha das nenas.

O fiscal solicita case vinte e dous anos de cárcere, afastamento das vítimas e asistencia a un curso de educación sexual.

Noticias web

25/09/2020