CRTVG

Buscar

Piden regular a visita de grandes grupos de turistas á praza de abastos de Santiago

Publicado o 24/07/2019 15:23

Miran o peixe, o marisco, os queixos con curiosidade, e moitos deles non poden resistir e acaban comprando. Os turistas son ben recibidos e agarimados na praza de abastos de Compostela. Porén, a situación vólvese complicada cando falamos de grupos organizados. A posibilidade de regular estas visitas é xa unha proposta da cooperativa que xestiona a praza.

Case 400.000 cruceiristas chegarán a Galicia este ano. Moitos pasaran por aquí. Regular este tipo de visitas ou non é a cuestión.

Os xestores da praza insisten: o turismo é necesario e os turistas son parte da praza. En ningún caso falamos de turismofobia, senón de mellorar a calidade das visitas e da vendas.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

24/07/2019