CRTVG

Buscar

Piden o regreso de Lendoiro como única opción para a supervivencia do Deportivo

Publicado o 26/11/2019 21:16

Augusto César Lendoiro volve á escena do Deportivo. O ex-candidato á presidencia Jesús Martínez Loira acaba de sacar un comunicado en que lle pide a Lendoiro que dea o paso para optar de novo á presidencia. Lendoiro estaría sopesando seriamente esta invitación.

Loira, que foi durante moitos anos a man dereita de Lendoiro, di no comunicado que é o revulsivo que o Dépor necesita, pide a valentía dos accionistas maioritarios e asegura que o club en Segunda B correría serio risco de desaparecer.

Hai que lembrar que o vindeiro 17 de decembro hai unha xunta de acconistas en que, previsiblemente, pedirán a remuda na presidencia.

Noticias web

26/11/2019