CRTVG

Buscar

Piden nove anos e medio de cárcere para un ourensán acusado de violar unha muller no baño dun pub

Publicado o 17/09/2020 12:58

A fiscalía pide nove anos e medio de cárcere para un ourensán acusado de violar unha muller no baño dun pub.
O xuízo, adiado no seu día por mor da pandemia, celebrouse hoxe sen acceso ás cámaras. Segundo o escrito da fiscalía, o acusado abordou a muller no baño, inmobilizouna contra a parede, e penetrouna en dúas ocasións. Dúas clientas do local atoparon a vítima no chan, cos pantalóns baixados e chorando. Segundo o forense, tiña negróns nos brazos e nas pernas. O presunto agresor fuxiu, pero a policía detívoo nunha rúa próxima. A defensa alega que a versión da vítima ten contradicións e que, finalmente, retirou a denuncia.

Noticias web

17/09/2020