O acusado de tentar matar a súa ex-muller en Castrelo do Val deséxalle que "sexa feliz ata a morte"
Publicado o 05/12/2019 13:58
Visto para sentenza o xuízo contra un home natural de Portugal por presuntamente intentar matar a súa muller en Castrelo do Val.
O Ministerio Público pide para el dez anos de prisión por un homicidio en grao de tentativa, a acusación particular solicita 13 anos ao calificar os feitos como intento de asasinato.
A defensa pide unha pena máxima de entre 2 e 5 anos. Segundo declarou a vítima, estaba na cociña cando o que daquela era o seu marido colleuna polos pelos, golpeoulle a cabeza contra o mesado, tirouna ao chan e bateulle cunha tixola, dicíndolle que a ía matar.