CRTVG

Buscar

Piden axuda para dar co paradoiro dun redondelán desaparecido en Madrid

Publicado o 10/10/2019 20:15

A familia dun redondelán pide axuda para dar co seu paradoiro. Juan Carlos Gil Vila desapareceu a pasada fin de semana en Madrid, onde levaba un mes traballando nunha obra. No lugar onde se hospedaba estaban todas as súas cousas persoais, agás a carteira e o móbil. 

Juan Carlos ten 47 anos, é delgado e mide 1,70 de estatura. Ten unha mancha de nacemento que lle ocupa parte do torso, o brazo e a man dereita. No brazo esquerdo ten unha pequena tatuaxe dun raio.

Noticias web

10/10/2019