CRTVG

Buscar

Piden 26 anos para o dono dun dos prostíbulos da operación Carioca

Publicado o 27/09/2019 12:07

A Fiscalía pide para o dono dun dos prostíbulos implicados na operación Carioca 26 anos de prisión. Trátase do dono do club Eros, que ardeu en varias ocasións.

Marcos Grandío está acusado dos delitos de inmigración ilegal, contra os dereitos dos traballadores e de prostitución coactiva. Segundo recolle o escrito do ministerio público, o acusado viaxaba habitualmente a Venezuela para contactar con mulleres, ás que lles pagaba a viaxe para vir vivir a España. Unha vez aquí, baixo ameazas, retíñaas no seu club ata que lle pagasen a débeda. Tamén recolle que as vítimas exercían a prostitución nunhas condiccións extremadamente duras.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

27/09/2019