CRTVG

Buscar

Piden 11 anos para unha nai acusada de abusar do seu fillo discapacitado

Publicado o 14/02/2019 17:22

Na Audiencia Provincial de Palma de Mallorca xulgan unha muller acusada de abusar repetidamente do seu filllo de once anos discapacitado. O fiscal pide para a nai 11 anos de prisión e a prohibición de comunicarse co seu fillo durante 15 anos.

Segundo o escrito da acusación, os abusos sexuais prolongáronse durante 2 anos e medio e a acusada aproveitouse da limitación de facultades mentais do menor, que sofre un trastorno por déficit de atención e presenta unha discapacidade do 33 por cento.


 

Noticias web

14/02/2019