CRTVG

Buscar

Pídelles aos axentes que lle fagan o test de alcolemia e estes amoéstano por saltar o confinamento

Publicado o 20/04/2020 14:22

Sería lóxico pensar que quen desobedece a orde de confinamento tente evitar os controis. Pero non foi o caso dun veciño de Sarria que ao ver a Garda Civil dende a ventá da súa casa decidiu ir ao seu encontro.

Achegouse camiñando e pediu que lle realizasen unha proba de alcolemia porque tivera unha comida familar no seu domicilio e quería saber a súa taxa de alcol en sangue para calcular canto podía beber cando tivese que conducir.

Os axentes informárono de que non odían atender a súa petición; puxéronlle unha prenda reflectante para mellorar a súa visibilidade na estrada e comunicáronlle de paso que o seu desprazamento non estaba dentro das causas permitidas no estado de alarma, polo que incorrera nunha infracción administrativa que comunicarán ás autoridades competentes. Despois aseguráronse de que regresaba ao seu domicilio.

Noticias web

20/04/2020