Pide a custodia da filla de nove anos logo de que a nai conducira bébeda con ela no coche
Publicado o 16/10/2020 15:16
Un veciño de Verín reclama a custodia de súa filla de nove anos, despois de que a nai da pequena a puxera presuntamente en perigo por ir bébeda ao volante.
O pai relata que a nena lle pediu axuda por teléfono e que grazas a iso el puido avisar a Garda Civil para que evitase males maiores.