CRTVG

Buscar

Pico de contaxios na área sanitaria de Ourense, con 1.739 persoas con covid

Publicado o 17/01/2021 20:40

Na última semana, na área sanitaria de Ourense os casos activos incrementáronse un dez por cento cada día ata chegar esete domingo a un máximo histórico, 1.739 positivos, superando en máis de cen casos o pico do 16 de outubro.

Preocupación que comparten na rúa, onde a afluencia de xente é cada vez menor.

Medran os contaxios e os hospitalizados, 82, sete deles en coidados intensivos.

Sospeitan que esta última vaga será a peor e insisten, unha vez máis, na importancia vital de respectar sempre as restricións e as medidas de prevención, reducindo ao máximo a vida social.

Noticias web

17/01/2021