CRTVG

Buscar

Persoal dos CIM recibe formación para mellorar a atención ao colectivo LGTBI

Publicado o 20/09/2019 14:58

Unha das funcións dos centros de información á muller galegos, os CIM, é desenvolver actividades de atención e asesoramento ao colectivo LGTBI. Nestas xornadas, actualizan os seus coñecementos para mellorar esa asistencia nun ámbito, o municipal, que posibilita unha maior proximidade.

José Ignacio Pichardo, profesor de Antropoloxía Social: "A través dos CIM se hai algún tipo de situación de discriminación, por exemplo, na escola, na rúa ou no ámbito laboral, entendo que é o espazo máis próximo onde vai acudir calquera persoa nova, maior ou de calquera idade a pedir axuda".

O persoal destes centros colabora, ademais, con outras entidades.

Susana López Abella, secretaria xeral de Igualdade: "Non queda nos despachos esperando que apareza algún usuario que precisa axuda en atención psicolóxica ou xurídica. En moitas ocasións e, sobre todo no medio rural, sabemos que son persoas proactivas e acoden aos distintos puntos"

Van, por exemplo, aos centros de ensino e tamén acoden ás forzas de seguridade por se existe algunha denuncia.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

20/09/2019