CRTVG

Buscar

Permanece en estado grave o home atropelado por un furgón en Ourense

Publicado o 13/12/2019 12:01
Permanece en estado grave o home atropelado por un furgón en Ourense

Permanece en estado grave o home que foi atropelado por un vehículo sen condutor en Ourense. O matrimonio, de 63 e 62 anos, foi atropelado por un furgón que se puxo en movemento costa abaixo ao quedar sen freos. A muller quedou ferida leve, foi o seu marido, a piques de xubilarse, o que levou a peor parte, ao quedar esmagado entre o vehículo e a catedral.

Aconteceu na rúa Juan de Austria, na zona antiga de Ourense. O condutor, que estaba descargando nunha zona peonil, sufriu unha crise de ansiedade. A Policía Local investiga se a causa do atropelo foi que non estaba posto o freo de man.

Noticias web

13/12/2019