CRTVG

Buscar

Pérez Jácome quere construír en Ourense o maior rañaceos de España

Publicado o 06/11/2019 15:48

O alcalde de Ourense, Pérez Jácome, quere construír na cidade o maior rañaceos de España. Tería 80 andares, cun mirador na cima, e acollería servizos públicos e zona residencial. Estaría situado nestes terreos, en Mariñamansa, dos que é propietario maioritario a Deputación.

Segundo o comunicado enviado polo Concello, os dous organismos irían da man neste proxecto. Consideran que o edificio podería converterse nun polo de atracción turística e económica. As actuais normas urbanísticas contemplan na zona a construción de 6 torres de 16 alturas polo que sería preciso cambios no PXOM.




 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

06/11/2019