CRTVG

Buscar

Pérez e Ansu Fati danlle a vitoria ao Barcelona e envían o Inter á Liga Europa

Publicado o 10/12/2019 23:05
Pérez e Ansu Fati danlle a vitoria ao Barcelona e envían o Inter á Liga Europa

Carles Pérez e Ansu Fati déronlle este martes un triunfo por 1-2 ao Barcelona, xa matematicamente clasificado como primeiro, contra o Inter no estadio San Siro de Milán e enviaron o conxunto milanés á liga Europa.

Sen o arxentino Lionel Messi, fóra da lista por descanso, foron os novos talentos Carles Pérez e Ansu  Fati, unidos a unha gran prestación de xogadores que tiveron menos protagonismo este ano, os líderes dunha vitoria de gran prestixio.

O Barcelona acaba como líder, con 14 puntos, por diante do Borussia Dortmund, segundo, con 10. O Inter de Milán acabou terceiro e xogará a liga Europa.