CRTVG

Buscar

Peregrinación para visibilizar a discapacidade intelectual

Publicado o 25/10/2019 14:03

Teñen entre 15 e 20 anos e a mesma satisfacción dos que cada día chegan a esta praza despois de superar o reto do Camiño.

"O que máis me gustou foi chegar", di Asier. "Foi emocionante, gustaríame repetir o ano que vén", asegura Álex.

A Fundación A la par quere con esta iniciativa dar visibilidade á discapacidade intelectual.

"Viron que son capaces de chegar e que puideron con todo. Eu creo que foi grazas á forza do grupo, a estar todos xuntos", explica Andrea, voceira da fundación.

E a esa forza sumáronse na meta os paralímpicos galegos Álex Vidal e Jacobo Garrido.

"Isto vailles marcar e axudar no seu camiño na vida", cre Álex.

 "É un punto de motivación adicional no seu día a día", segundo Jacobo.

A aventura rematou cunha solta de globos que gardan os desexos dos seus compañeiros de fundación que non puideron facer o Camiño.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

25/10/2019