CRTVG

Buscar

Perda de sono e mal humor, entre o trastornos que produce o confinamento

Publicado o 26/03/2020 21:30

A perda de contacto social é o principal efecto do confinamento e está a provocar un aumento eventual de trastornos do espectro psiquiátrico. Un deles é a perda de sono. Malia ter tempo e condicións para durmir, a inseguridade e a alteración das rutinas levan ao insomnio.

"E se te metes no medo a non durmir é peor. Comezas a ter medo ao insomnio e eso é outra preocupación que impide durmir".

Ansiedade, mal humor ou medo son outros trastornos que están en aumento, segundo os psiquiatras. Para combatelos recomendan realizar todo o exercicio físico que se poida e, sobre todo, usar a Internet, as redes e o teléfono para manter o contacto con familiares e amigos os que non podemos ver nestes días.

"Manter o contacto canto máis se poida. Hoxe hai medios suficientes para atenuar a perda de contacto social".

Os especialistas sinalan que os menores sofren menos o confinamento que os adultos porque a súa capacidade de adaptación é maior. Tamén cren que as consultas e tratamentos se van disparar a medida que avancen os días e mesmo cando se supere a alarma sanitaria.


 

Noticias web

26/03/2020