CRTVG

Buscar

Pepe Pozas rompe o tendón rotuliano e perde o que queda de temporada

Publicado o 04/03/2021 21:05

Tres meses de baixa, é o prognóstico que lle acaban de dar a Pepe Pozas. Perde o que queda da temporada. O base do Obradoiro rompeu o tendón rotuliano do xeonllo esquerdo, por un mal apoio ao caer nesta xogada do partido contra o Estudiantes. Non gaña para desgustos o malagueño. En decembro mancárase nun nocello, estivo varias semanas de baixa, logo o coronavirus e agora recibe a peor noticia.

 

Noticias web

04/03/2021